Pleonexia e catasterismos indesexables: a pandemia do fútbol profesional contemporáneo

Bon Leste. The Pines. Agosto de 2020. Unha nova xeración de boniatos vai tratando de coller forma baixo a mirada atenta do Main. Os restos resecos dos piñeiros convertidos en esculturas case pétreas permañecen indiferentes aos esforzos da rapazada. De fondo, as ondas da Ría de Aldán baten insistentes contra a liña de costa procurando a banda sonora da eternidade á película que se vai desenvolvendo, un verán máis, no campo no que crecen as cruces de ferro. Os xogadores case adolescentes ensaian os seus trucos como pequenos magos aprendendo o oficio entre berros, patadas e entradas no límite non do permitido senón do que separa a visita ao servizo de urxencias de Bueu dun simple susto. "Aquí non hai pachangas".

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Se armó la cámara húngara: Boroman’s World Cup Form Guide

Of Mice And Druids. Cold Flowers From The North Riding

Gleam And Glow The Sea-Coloured Marsh-Mosses, Salt And Splendid From The Circling Brine. Watering Holes For The Milder Beast