Vagalumes Nas Calacueiras. O Autor Declárase Vítima Da Tolemia E Faiche Responsable Das Opinións Vertidas Neste Panfleto #dejémonosdemierdas

A verdade de todo é que fai falla xente de tódalas relixións, porque non se poderá evitar nunca que haxa quen bote a mañá para escribir un correo electrónico, como non han de mancar os que chegan tarde sempre e os que tratan ás vacas coma ás mulleres. Hai que ter algo que poucos teñen para dedicarlle un anaco de vida, por exemplo, a aclarar o fondo xurídico da pluralidade obxectiva do delito producida polo mesmo suxeito -a pluralidade, si, non o delito-, pois require paixón, aínda que o propio suxeito -o xurista agora, non o delincuente-, poida dubidar que esa sexa a expresión axeitada para definir a súa motivación. E, con todo, o deber tamén esixe paixón. 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Se armó la cámara húngara: Boroman’s World Cup Form Guide

Of Mice And Druids. Cold Flowers From The North Riding

Gleam And Glow The Sea-Coloured Marsh-Mosses, Salt And Splendid From The Circling Brine. Watering Holes For The Milder Beast