Mirando Escocia con ollos galegos: crónica dunha visita apresurada a un país que envexamos

 


Quizais unha das cousas que máis sorprenden ao turista (galego) que visita por primeira vez terras escocesas sexa a proliferación de monumentos en memoria dos soldados caídos nas diversas guerras nas que participou o país ao longo da súa historia. En particular, os memoriais relacionados coa primeira guerra mundial chaman a atención pola súa abundancia e pola intensidade que desprenden os textos adicados aos caídos. Xunto a eles, case en cada vila do país hai un cemiterio adicado en exclusiva a estes soldados mortos. En Stirling, xunto ao castelo, varias parcelas de extensión considerable albergan centos de tumbas en cuxas lápidas lémbrase a todos estes homes. O turista, paseando entre o silencio destes campos de pedra, non pode evitar interrogarse sobre a forza misteriosa que levou a un país sitúado na periferia da Europa Occidental a enviar a frontes remotas aos seus mozos. Mesturando a defensa dunha idea abstracta da liberdade coa obrigada participación nas guerras colonais do amo inglés e engadindo ese punto de idealismo belicoso -tan en boga a principios do século XX- que entende a guerra como unha especie de forxa de caracteres no que se pon a proba a alma humana, un pode entender de forma racional ese pulo case animal que fai que alguén entende que ir a matar estranos a cinco mil quilómetros de distancia é a forma suprema de heroicidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sempre Afogou Máis Xente No Interior Dos Vasos Ca No Mar. A Longa Noite Dos Escrequenados Caranguexos

La Peregrinación Salvaje De Stroll Northwood. Una Distopía Flâneur En Las Trazas De La Psicogeografía.

Waiting By The Liverpool Tide